SanidadeÚltima hora

Falecen 6 persoas diagnosticadas por Covid en Galicia, 1 delas na provincia

Exterior do Hospital de Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Consellería de Sanidade vén de comunicar o falecemento en Galicia nas últimas horas de 6 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, unha delas na provincia de Ourense. Trátase dun home de 88 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e que tiña patoloxías previas. Falecía este 13 de febreiro.

Ademais, o 12 de febreiro perdían a vida en Galicia outras cinco persoas: un home de 78 anos no Hospital do Salnés, unha muller de 93 anos no CEGADI (procedente da Residencia San José de Arzúa), unha muller de 56 anos, un home de 89 anos e un home de 82 anos no CHUS. Todos eles presentaban patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button