SanidadeÚltima hora

Falecen 7 persoas diagnosticadas por Covid en Galicia, 2 delas na provincia

Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende a Consellería de Sanidade vén de notificarse o falecemento nas útimas horas de 7 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus en Galicia, dúas delas na provincia de Ourense. Trátase dun home de 76 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e que procedía da residencia Nosa Señora dos Miragres de Barbadás e dunha muller de 85 anos que se encontraba nesta mesma residencia de maiores. Ambos presentaba patoloxías previas.

Ademais perdían a vida en Galicia outras 5 persoas: unha muller de 82 anos que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, un home de 82 anos no Complexo Hospitalario de Pontevedra, unha muller de 88 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, un home de 80 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, unha muller de 86 anos no Hospital Lucus Augusti. Todos eles tiñan patoloxías previas

Artigos relacionados

Back to top button