SanidadeÚltima hora

Falecen 8 persoas diagnosticadas de Covid na provincia

Fachada do Hospital de Verín. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Consellería de Sanidade vén de confirmar o falecemento en Galicia nas últimas horas de 11 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, delas 8 na provincia de Ourense. Así falecía unha muller de 77 anos e un home de 94 anos que estaban ingresados no Hospital de Verín. Tamén faleceron tres mulleres de 99, 90 e 82 anos ingresadas todas elas no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (procedentes da residencia Os Gozos-Pereiro de Aguiar).

Ademais en centros residenciais rexistráronse 3 novos falecementos na residencia Os Gozos (Pereiro de Aguiar). Trátase de dúas mulleres 92 e 87 anos e dun home de 89 anos. Todos estas persoas presentaban patoloxías previas.

Así mesmo falecía unha muller de 87 anos que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, unha muller de 85 anos que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol e unha muller de 88 anos que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Os tres tamén con patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button