SanidadeÚltima hora

Falecen 9 persoas diagnosticadas por Covid en Galicia, 1 delas na provincia

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Nas últimas horas vén de rexistrarse en Galicia o falecemento de 9 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, unha delas na provincia de Ourense, segundo vén de notificar a Consellería de Sanidade. Trátase dun home de 73 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e que presentaba patoloxías previas.

Ademais perdían a vida en Galicia outras oito persoas: unha muller de 94 anos (procedente da Residencia San Salvador de Guntín) ingresada no Hospital Universitario Lucus Agusti, un home de 86 anos e unha muller de 90 anos (que procedía da Residencia CRAPD de Vigo II) no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, un home de 64 anos, un home de 87 anos e un home de 77 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, un home de 87 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago e unha muller de 88 anos no seu domicilio da área sanitaria de Ferrol (Fene). Todos eles tiñan patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button
Close