SanidadeÚltima hora

Falecen 9 persoas diagnosticadas por Covid en Galicia, unha delas en Monforte

Hospital de Monforte de Lemos.

 

A Consellería de Sanidade vén de notiticar o falecemento nas últimas horas en Galicia de 9 persoas que foran diagnoticadas por coronavirus, unha delas en Monforte de Lemos. Trátase dunha muller de 85 anos que estaba ingresada no Hospital de Monforte e falecía o 22 de febreiro.

Ese mesmo día perdían a vida dúas mulleres de 78 anos e un home de 89 anos no CHUAC, un home de 87 anos no CHUS, unha muller de 57 anos no CHUF.

Ademais este martes 23 de febreiro falecían un home de 40 anos e un home de 79 anos no CHUAC e un home de 95 no CHUS.

Todas as persoas falecidas presentaban patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button