SanidadeÚltima hora

Falecen 9 persoas diagnosticadas por Covid en Galicia, unha delas na provincia

Entrada do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Consellería de Sanidade vén de confirmar o falecemento nas últimas horas de 9 persoas que foran dignosticadas por coronavirus, unha delas na provincia de Ourense. Trátase dunha muller de 93 anos, que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, procedente da residencia Nosa Señora dos Miragres de Barbadás. Presentaba patoloxías previas.

Ademais perdían a vida en Galicia outras oito persoas: un home 70 anos ingresado no CHUF, unha muller 81 anos ingresada no CHUVI, un home 75 anos ingresado no CHUVI (preocedente residencia Salvaterra do Miño), tres mulleres de 86 anos, 101 anos e 84 anos e un home de 88 ingresados no CHUAC e un home de78 anos ingresado no CHUS. Todos eles tiñan patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button