En portadaSanidadeÚltima hora

Falecen catro persoas na provincia de Ourense diagnosticadas con coronavirus

Dúas estaban ingresadas no Hospital de Verín e as outras dúas en centros residenciais

Fachada do Hospital de Verín. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

A pandemia de coronavirus segue deixando tristes novas. A Consellería de Sanidade vén de notificar o rexistro nas últimas horas de 4 novos falecementos na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Trátade de dous homes que estaban ingresados no Hospital Público de Verín, un de 80 anos e outro de 88 anos, ambos procedían da Residencia Val de Monterrei. E outras dúas persoas que estaban en centros residenciais: unha muller de 89 anos na residencia de maiores Os Gozos no Pereiro de Aguiar; e un home de 88 anos na residencia de maiores Val de Monterrei.

Tal como puntualizan dende  Sanidade todos eles presentaban patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button