SanidadeÚltima hora

Falecen dúas persoas diagnosticadas de Covid, unha no Hospital de Verín e outra no CHUO

Exterior do Hospital de Verín./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende a Consellería de Sanidade vén de confirmarse o falecemento nas últimas horas en Galicia de 6 persoas que foran diagnosticadas por coronovirus, dúas delas na provincia de Ourense. Trátase dunha muller de 90 anos que estaba ingresada no Hospital de Verín e dun home de 76 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario Ourensán (CHUO). Ambos tiñan patoloxías previas.

Ademais no resto de Galicia perdían a vida outras catro persoas diagnosticadas de Covid: un home de 89 anos que estaba ingresado no Hospital Modelo Belén na Coruña; unha muller de 89 anos que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra; un home de 66 anos e un home de 87 anos que estaba que estaban ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. “Todos eles presentaban patoloxías previas, agás a persoa falecida no H. Modelo Belén”, segundo informa a Consellería de Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button