ConcellosÚltima hora

Falecen dúas veciñas da Rúa nun accidente de tráfico en Chile

Captura de pantalla dun dos medios dixitais chilenos nos que aparece a noticia (msn.com).

Cunha grande conmoción recibía A Rúa a nova. Dúas veciñas desta localidade resultaban falecidas a causa dun tráxico accidente en Chile.

Segundo se pudo saber por medios dixitais do país sudamericano, o vehículo particular que transportaba a catro turistas, tres deles veciños da Rúa, colisionaba frontalmente na xornada do domingo 16 de setembro cun camión na “estrada que une Antofagasta con Calama”, deixando de saldo dúas persoas falecidas e as outras dúas feridas.

Segundo puido saber este periódico as vítimas mortais son R.M.D.R de 32 anos dunha coñecida familia da Rúa Vella, e F.L. S. de 24 anos e tamén residente na Rúa. Os feridos, as parellas das falecidas, están fóra de perigo.

Artigos relacionados

Back to top button