SanidadeÚltima hora

Falecen en Galicia 12 persoas con Covid, unha delas na provincia

Entrada ao Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Consellería de Sanidade vén de notificar o falecemento nas últimas horas de doce persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, unha delas na provincia de Ourense. Trátase dun home de 77 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e tiña patoloxías previas.

Ademais perdían a vida en Galicia outras once persoas: unha muller de 91 anos (procendente da residencia de Vilalba) no Hospital Universitario Lucus Augusti, unha muller de 92 anos e un home de 70 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, unha muller de 98 anos (procedente da residencia Nosa Señora das Virtudes de Pontedeume) e unha muller de 92 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, un home de 89 anos (procedente da residencia de Vilaboa) e un home de 84 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, un home de 77 anos, un home 80 anos, unha muller de 93 anos e un home de 82 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Todos eles tiñan patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button
Close