SanidadeÚltima hora

Falecen tres persoas diagnosticadas por Covid na provincia

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

A Consellería de Sanidade vén de comunicar o falecemento en Galicia nas últimas horas de seis persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, tres delas na provincia. Trátase dunha muller de 87 anos no Hospital Universitario de Ourense, un home de 96 anos no Hospital de Verín e unha muller de 87 anos no seu domicilio da área sanitaria de Ourense. Estas tres persoas falecían o 28 de xaneiro, xornada na que tamén perdía a vida unha muller de 89 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).

Ademais, o 29 de xaneiro falecían un home de 79 anos e un home de 74 anos no CHUAC.

As seis persoas falecidas tiñan patoloxias previas.

Artigos relacionados

Back to top button