EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Faltan 12 días: as cuncas conmemorativas xa están en Vilamartín para a XXIII Festa das Covas

As 5 000 unidades chegaban hoxe, día 23 de xullo, á vila valdeorresa

No día de hoxe, 23 de xullo, os coveiros de Vilamartín de Valdeorras descargaban as 5 000 cuncas conmemorativas encargadas para a vixésimo terceira edición da Festa das Covas. Así, estas cuncas tamén son de orixe ourensá, xa que se encargan á Alfarería Alto do Couso, situada no concello de Esgos.

Por outra banda, esta asociación reuníase co alcalde de Vilamartín, Enrique Álvarez, e coa concelleira de Cultura, Claudia Núñez, ás 20:30 horas para ultimar detalles desta celebración.

 

Durante o encontro co alcalde e a concelleira.

 

Texto: Alba Prada.

Artigos relacionados

Back to top button