ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A familia valdeorresa de Lucas Mondelo celebra a medalla olímpica de España

Os Carecas do Barco reuníanse nun establecemento desta vila para seguir o partido do equipo español contra Serbia

Con brindes con champán, apertas e moita alegría remataba a familia “Careca” do Barco o partido das semifinais olímpicas de baloncesto feminino entre España e Serbia na tarde do 18 de agosto. Xuntábase no establecemento de hostalaría barquense “El Manjar” para apoiar dende a distancia ao familiar, o seleccionador español Lucas Mondelo. A eles tamén se unía, xa na parte final do partido a maior fan de Mondelo, a súa nai, Charo García. Despois chegaba un dos tíos do seleccionador, Pedro.

Seguían o xogo entre rondas de bebidas e viandas, unha das cales, en concreto a de xamón dun metro, dicían que lla tocaba pagar a Lucas. A medida que pasaban os minutos, e os tempos, aumentaba o nerviosismo, que logo ía deixando paso a alegría ao comprobar que as españolas reforzaban a súa vantaxe e, finalmente conseguían algo histórico: ser finalistas e con medalla. Desatábase entón a festa entre os familiares de Mondelo.

Fotos: Carlos G. Hervella

Máis información:
https://osil.info/medalla-olimpica-no-baloncesto-feminino-con-sabor-valdeorres/
https://osil.info/xogadoras-valdeorres-mondelo-pulverizan-seleccion-chinesa-de-baloncesto/
https://osil.info/un-valdeorres-nos-xogos-olimpicos-de-rio/

Artigos relacionados

Back to top button