CulturaCulturaÚltima hora

A famosa actriz de Mouruás, Lucía Álvarez, gana o 1º concurso de fotografía da AC RíoMola

No certame para elixir a portada do calendario de San Xoán de Río 2018 participaron 57 fotos
A foto de Lucía Álvarez foi a ganadora.

Un total de 57 fotos competiron no primeiro concurso de fotografía da AC RíoMola, por ser a portada do Calendario de San Xoán de Río 2018. Máis de 2.000 votos confirmaron a gran repercusión deste concurso nun concello de 600 habitantes que traspasou fronteiras e onde os participantes esforzáronse por ter o maior número de votos posibéis.

Nunha desputadísima votación de 15 días, a actriz de Mouruás, Lucía Álvarez, famosa por ser unha das actrices da serie “Cuéntame como pasó” de TVE, logrou convencer a máis de 300 votantes e alzouse co primeiro posto e a súa a foto será a portada do calendario de San Xoán de Río 2018. Ademáis ela foi agraciada cun gran premio na tenda de fotos Codifoto de Trives. En segunda posición quedou Nicanor Sabín e Begoña García completou o podio.

Finalizado o concurso, un grupo de expertos en fotografía elexirá as 12 mellores fotos presentadas que serán incluídas no calendario de 2018 (cada unha no seu correspondente mes) que será presentado nos vindeiros días.

 

O segundo posto foi para a foto de Nicanor Sabin.

 

A foto de Begoña García levou o terceiro premio.

 

Texto: Xosé Miguel Pérez Blecua

 

Artigos relacionados

Back to top button