En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A fariña dá a benvida ao Entroido en Xinzo

Un manto branco cubríu a praza o Domingo Fareleiro, marcando o inicio dun mes de festexos

Ao ritmo das charangas XL e Xitume Batuke, na medianoite do 4 de febreiro o Petardazo abría o programa do Entroido 2017 en Xinzo de Limia. O ciclo máis longo desta festa pagana que non rematará ata o Domingo de Piñata (5 de marzo). E entre medias, catro domingos que nesta localidade ourensá cobran un significado especial.

O primeiro, o Fareleiro, tiña lugar na tarde de onte, 5 de febreiro, no entorno da praza Maior. En torno ás 16h, procedíase ao reparto de 500 quilos de fariña e a partires das cinco a vila enteira converteríase nunha auténtica batalla campal co branco como protagonista. Centos de nenos, xoves e maiores, disfrutaron dunha tarde de festa onde ninguén podía nin debía quedar inmaculado. Sempre hai quen o intenta pero é un  combate perdido de antemán. O Domingo Fareleiro manda a fariña.

A seguinte cita do Entroido en Xinzo será o Colgamento do Meco o sábado 11 de febreiro. Ao día seguinte, Domingo Oleiro tocaralle o turno ao xogo das olas.

Máis información na Revista do Entroido en Galicia 2017 do Periódico O Sil.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button