En portadaGalerías de fotos

Faroliños voadores para dar a benvida ao Nadal en Trives

Unhas 200 persoas se congregaban na Finca da Barreira na noite do 23 de decembro nun singular e fermoso acto anunciador das festas

O ceo de Trives iluminábase dun xeito moi especial na noite do 23 de decembro. Un ano máis, os veciños reuníanse na Finca da Barreira desexando lanzar en familia os seus “faroliños” voadores para dar así comezo ao Nadal.

Entre os asistentes íanse repartindo os faroliños e, despois dunha breve lectura de bos própositos e desexos para o novo ano 2016, un par de bombas anunciaban que todo o mundo podía prender lume ao seu globo. E así, todos xuntos, tentaban encher o ceo de luceciñas cargadas de bos desexos, que ían elevándose camiño do ceo, semellando chegar ás estrelas. Un ceo que finalmente se iluminaba tamén con fogos artificiais, cos que se poñía broche na vila trivesa a esta fermosa e orixinal noite na que a ilusión e ledicia se vían nas caras dos máis de 200 asistentes.

Fotos: Concello de Trives

Artigos relacionados

Back to top button