CulturaCulturaÚltima hora

Fátima Delgado conta en Arcos (Vilamartín de Valdeorras) historias do ‘tío Florencio’

O espectáculo enmárcase no programa cultural 'As noites de Florencio'

Fátima Delgado actuando en Arcos (Vilamartín de Valdeorras).

 

Adicado ao autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas e parente seu, está ‘O tío Florencio’ o espectáculo que a actriz e poeta Fátima Delgado presentaba o domingo 24 de xullo na praza da Fonte, en Arcos (Vilamartín de Valdeorras), dentro do programa ‘As noites de Florencio’.

Tomando como fío condutor a memoria familiar (de cartas, postais e anécdotas) Fátima Delgado ía construíndo o espectáculo que mestura a lectura con relatos como o da fuxida de España de Florencio Delgado Gurriarán, primeiro por Portugal, onde cruzaba a fronteira en Tourém disfrazado de topógrafo e non de cura como “a min sempre me contaron”; logo ata Francia e, finalmente, a bordo do Ipanema ata terras mexicanas.

 

Un momento do espectáculo ‘O tío Florencio’.

 

Na súa intervención Fátima referíase tamén ao altar mexicano montado no escenario como ofrenda ao poeta, como un convite para que tamén se sumase a este acto, mentres ela ía compoñendo a súa persoa ante os asistentes.

Trátase do mesmo espectáculo que a comezos de xullo presentaba no Xardín da Casa Grande de Viloira (O Barco), no marco do ciclo De Perto.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button