CulturaCulturaÚltima horaVídeos

Fátima Delgado convida a asistir ao seu espectáculo ‘O tío Florencio’, en Arcos (Vilamartín)

Fátima Delgado recitando poemas de FDG no SilFest Valdeorras./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Continúa o programa cultural ‘As noites de Florencio’ no concello de Vilamartín de Valdeorras. Desta volta tócalle á artista barquense Fátima Delgado quen, a través dun vídeo convida ao público a asistir ao seu espectáculo de narración oral ‘O tío Florencio’, para seguir coñecendo ao poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán “e seguir gozando del”, di a poeta.

Neste vídeo, a propia Fátima solidarízase coas persoas afectadas pola vaga de lumes, asegurando que dende o mundo da cultura e da arte, “o que podemos facer para apoiar é seguir traballando para sacar adiante eventos na comarca de Valdeorras”.

O seu espectáculo será mañá, domingo 24 de xullo en torno ás 21 horas na praza da Fonte, en Arcos.

Enlace ao vídeo: https://youtube.com/shorts/e1m-nJfM8l4?feature=share

Artigos relacionados

Back to top button