EconomíaEconomíaÚltima hora

A Federación de Comercio premia a fidelidade do cliente no comercio ourensán

A entrega de premios relacionados co termalismo puxo fin á campaña “En Ourense, merca e reláxate”
Os pemiados pola Federación de Comercio de Ourense.
Os pemiados pola Federación de Comercio de Ourense.

A sede da Confederación Empresarial de Ourense, vén de acoller a entrega dos premios da segunda edición da campaña de promoción do comercio local “En Ourense, merca e reláxate”, levada a cabo pola Federación de Comercio de Ourense. O acto celebrado na mañá do 16 de novembro puxo o colofón a una acción que repartiu máis de 3.000 euros en premios vinculando comercio, turismo e termalismo como pilares fundamentais do crecemento na cidade das Burgas.

Concretamente, algúns dos consumidores do comercio local resultaron agraciados con 14 estancias para dúas persoas en balnearios do Grupo Caldaria, 350 circuítos termais e, outros 50 con baño de chocolate incluído, nas Termas de Outariz Ourense Spa.

Esta campaña é unha das actuacións que a Federación de Comercio de Ourense leva a cabo ao longo do ano, encamiñada á revitalización do comercio de proximidade, á incentivación do consumo e ao esforzo por apoiar ao Concello na súa xestión sobre un eixe de desenvolvemento fundamental para o crecemento de Ourense, como entenden os comerciantes que é o turismo e o termalismo.

Artigos relacionados

Back to top button