ConcellosÚltima hora

A Federación de Municipios de Provincias avanza na dixitalización dos procesos administrativos locais

A xuntanza de hoxe estivo presidida polo alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e englóbase dentro da Comisión de Modernización, Participación Cidadá e Calidade
A reunión tivo lugar na sede da FEMP en Madrid.

A Comisión de Modernización, Participación Cidadá e Calidade da Federación Española de Municipios de Provincia (FEMP) mantivo hoxe unha reunión, en Madrid, que estivo presidida polo alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

Nesta reunión de traballo, sinalan dende a Alcaldía, avanzáronse en diversos temas, entre os que destacou a presentación da ordenanza tipo reguladora do Procedemento Administrativo Común Eléctrico da Administración Local. Este novo texto foi aprobado o pasado 14 de decembro pola Xunta de Goberno da FEMP, e recolle unha serie de principios que regulan a adecuada implantación no ámbito local do procedemento administrativo electrónico, tratando de simplificalo para que a relación da Administración coa cidadanía sexa máis áxil e fluída.

No transcurso da reunión de traballo tamén se presentaron os libros de estudio de traballo para a transformación dixital das entidades locais, así como a actualización do regulamento tipo de participación cidadá, fixado como obxectivo a finalización da súa recadación antes do verán.

Reunión no IDAE sobre xeotermia

Previamente á reunión na FEMP, o alcalde de Ourense mantivo unha xuntanza con Arturo Fernández, director xeral do Instituto para la Diversificación y el Ahorro de la Energía (IDAE); así como con Alfonso Olivas de la Llana, director de Energías Renovables desta entidade pública empresarial adscrita ao Ministerio de Industria, Energía y Turismo, a través da Secretaría de Estado de Energía.

O obxectivo deste encontro foi avanzar no desenvolvemento da xeotermia en Ourense, proxecto no que ambos os dous responsables do IDAE amosaron interese en seguir avanzando a través das colaboracións institucionais, mediante un convenio, co fin de facer de Ourense unha cidade máis sostible.

Artigos relacionados

Back to top button