DeportesÚltima hora

A Federación Galega de Atletismo estrea himno “made in Ourense”

A peza foi composta polo director da Real Banda de Gaitas da Deputación, Xosé Lois Foxo [/drpopcap]

Presentación do himno da Federación Galega de Atletismo.

A Federación Galega de Atletismo xa ten o seu propio himno, obra do director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, Xosé Lois Foxo quen, xunto ao deputado provincial de Deportes, Juan Anta, e o presidente da Federación Galega de Atletismo, presentaron esta peza musical hoxe, 22 de xuño. Asemade, representantes da Real Banda de Gaitas e da Coral de Ruada foron os responsables de abrir e pechar o acto coa interpretación do Himno.

Juan Anta destacou a importancia de “continuar a traballar para vencellar a cultura ao deportes, como coa creación desta peza musical que vai emocionar a moitos deportivas galegos”. Asemade, o deputado provincial de Deportes felicitou a ambos “polo labor que realizan a diario nas súas organizacións”.

Pola súa parte, o presidente da Federación Galega de Atletismo dixo que a creación deste himno forma parte da celebración da “práctica atlética organizada en Galicia , que o ano pasado cumpría o seu centenario” e que enriquece “unha longa historia froito de moito traballo e esforzo”.

O compositor do himno explicou que é unha “marcha inspirada no himno galego de Pondal, e a letra ten ese espírito de crear patria e defender Galicia, esa Galicia que se sente orgullosa da súa historia”. O himno ten vocación de “ser unha achega ao deporte galego, non só a nivel profesional, senón de calquera persoa que o practique, e aportar así o noso gran de area ao deporte galego”, engadiu Foxo.

Artigos relacionados

Back to top button