ConcellosÚltima hora

Fegamp e Xunta analizan o alugueiro social

A xunta de voceiros da Fegamp reuníase co conselleiro de Política Social e coa conselleira de Vivenda
O alcalde barquense e presidente da Fegamp, Alfredo García, presidindo a xuntanza mantida cos conselleiros.
O alcalde barquense e presidente da Fegamp, Alfredo García, presidindo a xuntanza mantida cos conselleiros.

A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) recibía na mañá do 9 de marzo, de mans da Xunta, unha proposta de convenio ao que se poderán adherir voluntariamente os concellos galegos, mobilizando vivendas desocupadas co obxecto de destinalas a alugueiro social.

O documento presentábase no decurso da reunión que mantiñan na sede da Fegamp os conselleiros de Política Social, José Manuel Rey Varela, e de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, co presidente da FEGAMP, Alfredo García Rodríguez (alcalde do Barco), e coa xunta de voceiros deste organismo. No encontro tamén participaban os directores xerais de Inclusión Social e do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Arturo Parrado Puente e Heriberto García Porto, respectivamente.

O presidente da Fegamp co conselleiro de Política Social e coa conselleira de Vivenda.
O presidente da Fegamp co conselleiro de Política Social e coa conselleira de Vivenda.

A través desta reunión, o Goberno galego e a FEGAMP abriron a porta a novas canles de colaboración en políticas sociais e de vivenda para responder dun xeito coordinado e máis eficaz ás necesidades actuais que existen na sociedade nestes dous ámbitos.

Artigos relacionados

Back to top button