ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Fegamp, Xunta e Universidade de Vigo únense para pór en marcha o portal de transparencia dos concellos galegos

Esta iniciativa, que estará operativa en breve, busca facilitarlle á cidadanía información detallada sobre o funcionamento dos consistorios galegos, desde as declaracións de bens dos alcaldes e concelleiros, ata información sobre as subvencións, seguimento das tramitacións en liña, etc.

Cunha trintena de concellos, e coa previsión e que paulatinamente se vaian incorporando máis, arranca o novo portal de transparencia dos concellos galegos, que estará operativo en breve. Con esta plataforma búscase facilitarlle á cidadanía información detallada sobre o funcionamento dos consistorios galegos, desde as declaracións de bens dos alcaldes e concelleiros, ata información sobre as subvencións, seguimento das tramitacións en liña, etc.

O Portal de Transparencia dos concellos galegos presentábase na mañá do 5 de marzo en Santiago nun acto no que participaban o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e alcalde do Barco, Alfredo García, o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda indicou que coa posta en marcha hoxe deste portal dase continuidade ao impulso e mellora da Transparencia nos concellos galegos, en aras de seguir avanzando para acadar unha maior transparencia nas Administración locais galegas.

Pola súa banda, Salustiano Mato aludía á importancia da colaboración entre a Universidade e a administración para favorecer unhas boas políticas públicas e, no caso de Alfredo García Rodríguez, insistía na necesidade de que a administración cumpra cos criterios de transparencia e, nesta liña, fixo fincapé en que se ben desde a administración local se está a facer un gran esforzo nestas temáticas seguen “necesitando axuda”.

Neste mesmo acto presentábase a Guía de transparencia local, unha ferramenta útil para facilitarlles aos concellos cumprir coas súas obrigas en transparencia e ofrecer aos seus veciños toda a información que precisan, saber qué información debe ser publicada, como debe ser publicada e a periodicidade con que deber ser publicada e, aos cidadáns, a coñecer as obrigas legais dos Concellos e os seus dereitos para estar axeitadamente informados en todo momento.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close