EconomíaEconomíaÚltima hora

Feijóo anuncia unha liña urxente de axudas á hostalaría

O abano oscilará entre “como mínimo 2.200 euros no caso dun autónomo propietario dun bar ou dunha cafetería sen empregados” e máis de 7.000 euros no caso dun autónomo que teña empregados nesa cafetería, nese bar ou nese restaurante", segundo o presidente da Xunta

 

A Xunta ten previsto apoiar aos establecementos da hostalería pechados polas restricións provocadas polo Covid-19 cunha liña de axudas de entre 2.200 e máis de 7.000 euros. Así o adiantaba o titular do goberno galego, Alberto Núñez, tras o Consello da Xunta celebrado este xoves 5 e novembro.

Tras anunciar a apertura dunha Mesa da hostalería para perfilar esta liña de axudas, Feijóo explicou que o abano oscilará entre “como mínimo 2.200 euros no caso dun autónomo propietario dun bar ou dunha cafetería sen empregados” e máis de 7.000 euros no caso dun autónomo que teña empregados nesa cafetería, nese bar ou nese restaurante. Polo tanto, “a diferenza depende do número de empregados e tamén depende do número de meses que leve pechado”, engadiu o presidente da Xunta de Galicia.

Máis en concreto, as axudas ás que poderían optar os establecementos da hostalería serían: 1.200 euros como complemento á prestación por cese de actividade do Estado e 4.000 euros máis en caso de ter empregados, ter estado en ERTE nalgún momento desde que empezou a pandemia e ter unha baixada de facturación de máis do 50% con respecto ao mesmo período do ano anterior.

 

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

 

A maiores, o presidente da Xunta explicou que poderán contar con 1.000 euros máis por cada un dos meses que teñan que permanecer pechados.

Despois de recordar que o peche da hostalería do mes de novembro automaticamente vai producir outra vez o dereito a ERTE, sen custo para o titular do establecemento, o titular do Goberno galego incidiu en que estas axudas son “adicionais á bonificación do 100% da Seguridade Social e ao pago do 70% do salario”.

Artigos relacionados

Back to top button