PolíticaÚltima hora

Feijóo e Baltar apoian aos candidatos do PP ás municipais en Allariz e A Merca

Os dous presidentes tiveron a ocasión de manter neste sábado encontros cos militantes deste concellos, así como de facer un percorrido polas rúas

Os candidatos do PP ás vindeiras elección municipais de maio en Allariz, Luz Doporto, e na Merca, Manuel Garrido, recibían o apoio do presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoó, e do presidente provincial, Manuel Baltar, en dúas visitas realizadas a esas localidades neste sábado 16 de marzo. Os dous presidentes tiveron a
ocasión de manter encontros cos militantes, así como de facer un percorrido polas rúas para escoitar e falar cos veciños.

Baltar puxo o énfase no decisivo periodo de reflexión que se aveciña, “pois en pouco máis de dous meses tomaremos decisión fundamentais de futuro, que só están representadas no proxecto do Partido Popular”. Na Merca, o presidente pprovincial destacou a continua confianza amosada polos seus habitantes no PP, primeiro con Manuel Velo “estou seguro que así seguirá sendo con Manuel Garrido e a súa acreditada xestión
de goberno”.

José Manuel Garrido Sampedro (A Merca, 1957), agradecía a presenza dos dous presidentes, destacando a aposta que está a facer este concello para crear emprego co desenvolvemento da actual área industrial. Unha
superficie de máis de 200.000 metros cadrados “situada nun lugar estratéxico polas conexións coa autovía de Celanova e o futuro enlace co polígono de San Cibrao, que pretendemos consolidar como parque empresarial”.

En Allariz, Manuel Baltar foi rotundo ao afirmar que “é posible conseguir que a nosa formación sexa a máis votada, como xa demostramos nas xerais de 2015 e 2016 e nas autonómicas deste último ano”. Nas municipais “temos que mostrar a mesma contundencia e acabar coa illa que hoxe representa este concello logo de case trinta anos de goberno nacionalista excluínte”.

Entre tanto, a candidata popular, Luz Doporto Real (O Barco, 1971), reiterou que Allariz “demostrou que ten sentimento popular e temos que ratificalo nas municipais, que xunto coas xerais serán un reto importante para o que hai programa e un equipo –anunciou- xa feito”, afirmando que o seu obxectivo “é conseguir un concello que teña abertas ás portas a todos, sen excepcións”.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close