Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Feijóo felicita ao COB polo ascenso á ACB

Os xogadores do Club Ourense Baloncesto foron recibidos en Santiago polo presidente da Xunta

Na noite do 2 de xuño, o COB lograba no Paco Paz o ascenso á liga ACB, o terceiro da súa historia. Foi ante o Breogán de Lugo nunha serie final a cinco partidos, nos que os ourensáns lograron recuperar o factor cancha e darlle á afección a vitoria final que os catapultaba á máxima categoría nacional.

Unha semana despois deste fito, xogadores e parte do corpo técnico do club ourensán eran recibidos en Santiago de Compostela polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e polo secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, que os felicitaba polo seu ascenso.

Fotos: Ana Varela.

Artigos relacionados

Back to top button