PolíticaÚltima hora

Feijóo logra o 98,84% dos votos emitidos polos afiliados do PP ourensán

A participación na provincia era do 99,01% dos afiliados ao partido

 

Ás oito desta tarde pechaban as mesas dos dez colexios electorais habilitados noutros tantos puntos da provincia de Ourense nos afiliados do PP ourensáns podían votar para elixir ao novo presidente do partido a nivel nacional, cuxo único candidato era Alberto Núñez Feijóo. Tratábase das sedes do partido no Barco, Allariz, A Bola, O Carballiño, Castro Caldelas, Celanova, Ribadavia, Verín, Xinzo de Limia e a sede provincial situada en Ourense.

A este último punto tiñan acudir os afiliados das oito xuntas locais correspondentes aos municipios da contorna da cidade, onde ademais se instalaban outras nove urnas, é dicir, tantas como o número de distritos nos que se divide o concello da capital.

O resultado da súa votación é o seguinte, segundo se vén de informar dende o partido: a participación na provincia era do 99,01% dos afiliados, sendo o apoio recibido polo candidato dun 98,84% dos votos emitidos.

Esta tarde o presidente dos populares ourensáns, Manuel Baltar, destacaba a importancia que ten “para o noso partido provincial que hoxe está a votar a favor dun ourensán e non existen precedentes en canto a presidir un partido a nivel estatal cun ourensán ao fronte, como é o caso de Alberto Núñez Feijóo”. Así mesmo, Baltar salientou o traballo realizado por Feijóo nas últimas semanas porque aínda sendo o “único candidato e presentándose coa unanimidade do partido a nivel nacional, fixo unha campaña na que percorreu máis de 11.260 km ao longo de 14 cidades de España, chegando a máis de 20.000 afiliados”.

Artigos relacionados

Back to top button