SanidadeÚltima hora

Feijóo: “Na área sanitaria ourensá hai brotes procendentes, maioritariamente, de grupos familiares”

O presidente da Xunta, nun dos momentos da reunión.

 

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, referíase aos brotes de Covid-19 da provincia de Ourense durante a súa comparecencia nesta mañá, tras a reunión por videoconferencia co comité clínico de expertos sanitarios.

“Situamos os brotes en Ourense e na Coruña, no caso de Ourense o comité clínico indica que se trata de casos identificados e procedentes maioritariamente de grupos familiares, pero que polos datos que temos ata agora pensamos que son brotes controlados”, aseguraba.

Preguntado posteriormente pola prensa sobre esta mesma cuestión, Feijóo matizaba que “entenden as autoridades sanitarias que no caso da área sanitaria de Ourense son brotes que están parametrizados e que teñen unha relación directa entre si e que, aínda sendo preocupantes, de momento están controlados”.

Artigos relacionados

Back to top button