Eleccións municipaisPolíticaÚltima hora

Feijóo, no mitin do candidato popular de Verín

O candidato á alcaldía, Juan Manuel Jiménez Morán, apoiado polos presidentes autonómico e provincial do PP

Mitin electoral do PP en Verín.
Mitin electoral do PP en Verín.

O mitin central da campaña do PP de Verín contaba, na noite do 18 de maio, coa presenza dos lideres galego e provincial desta formación política. Así o candidato popular, Juan Manuel Jiménez Morán, que opta á reelección como alcalde, estaba arroupado neste acto público no pavillón de deportes por Alberto Núñez Feijóo e por Manuel Baltar.

Na súa intervención o presidente dos populares galegos e tamén da Xunta de Galicia lembraba que a administración autonómica cumpriu co concello de Verín, a través de cuestións como a ampliación do polígono de Pazos ou a mellora do saneamento e abastecemento. E pediu o voto para Jiménez Morán para que o rexidor que saia das urnas o 24 de maio “sexa o alcalde do concello e non o que se pacte nos despachos, para que goberne a lista máis votada e non unha alianza de perdedores”.

Tras participar no mitin de Verín, Feijóo dirixíase á Xinzo de Limia, onde mantiña un encontro coa militancia acompañado polo candidato á alcaldía, Antonio Pérez, e polo presidente provincial, Manuel Baltar.

O candidato popular do PP de Verín, no centro, con Manuel Baltar e Alberto Núñez.
O candidato popular do PP de Verín, no centro, con Manuel Baltar e Alberto Núñez.

Artigos relacionados

Back to top button