Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

Feijóo optará á presidencia do PPdeG

Ante a xunta directiva do PP de Galicia, que vén de aprobar a convocatoria do XVI Congreso Autonómico, Alberto Núñez Feijóo trasladaba na mañá do 2 de abril que volverá presentar a súa candidatura á presidencia do partido porque “creo que o noso proxecto é o que máis convén a Galicia e porque creo que Galicia está por riba de todo. E non son eu, senón que son as galegas e os galegos os que teñen que elixir”, dicía.

Así mesmo, o dirixente sinalaba que, despois de dez anos no PPdeG e sete na Xunta, “podo mirar aos ollos a cada unha das persoas ás que me debo”, en referencia a todos os afiliados do partido e á cidadanía galega en xeral.

Artigos relacionados

Back to top button