Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

Feijóo participa no magosto do PP de Ourense

O presidente do PP galego referíase ás eleccións locais do 2019 en Ourense e indicaba que o “é superar os nosos resultados e, sobre todo, os atrancos que esta cidade ten que sortear”

As vindeiras eleccións municipais van máis aló dunha cuestión de partidos, xa que ou é “a opción dos ourensáns que queren a Ourense ou é a dos que teñen demostrado todo o contrario”, dicía o presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, no magosto que o PP da cidade Ourense celebraba o 17 de novembro en Aixiña coa asistencia dunhas 650 persoas. Ademais engadía que o reto “é superar os nosos resultados e, sobre todo, os atrancos que esta cidade ten que sortear”. Para conseguilo, dixo que o PP ten o necesario: “a súa xente, motivación, un partido unido e a Jesús Vázquez”.

Pola súa banda, o rexedor popular de Ourense e de novo candidato á alcaldía, Jesús Vázquez, lembraba que quedan “seis meses por diante de moito traballo, que non será doado, para recuperar unha maioría que dea de novo luz a Ourense”. Vázquez, que comezou a súa intervención cun emotivo recordo ao presidente da CEO, José Manuel Pérez Canal, falecido hoxe, agredeceu a presenza de militantes, simpatizantes e veciños “que cren en nós e no noso esforzo para facer de Ourense “unha cidade mellor”.

Interviña tamén o secretario xeral dos populares da provincia, Rosendo Fernández, quen subliñou que “todo o partido está tras o candidato para conseguir de novo esa maioría que permita desenvolver, sen atrancos, todos os nosos proxectos”. Fernández pediu aos presentes a confianza no PP e no seu candidato “para que Ourense
volva a ser a cidade que se merecen todos os ourensáns”.

Artigos relacionados

Back to top button