SanidadeÚltima hora

Feijóo visita as obras de ampliación do CHUO

O presidente da Xunta estivo acompañado pola conselleira de Sanidade, entre outras autoridades
Percorrido polas obras de ampliación do CHUO en Ourense.
Percorrido polas obras de ampliación do CHUO en Ourense.

No segundo semestre de 2016 a ampliación do Complexo Hospitalario Universitario Ourensán (CHUO) será unha realidade. Así o adiantaba na mañá do 9 de marzo o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez, na visita que realizaba ás obras que se están a realizar neste hospital.

Detrás desta obra, segundo apuntaba o titular do Goberno galego, hai un investimento de 41 millóns e un “compromiso de mellor servizo, que se está a cumprir xa desde a primeira fase que afecta o bloque de hospitalización” e que permitirá: concentrar todas as unidades (un total de 14) nun único edificio fronte aos tres actuais, ben comunicado coas áreas de urxencias, consultas, probas diagnósticas e quirófanos; incrementar o número de camas nun 15% -ata chegar ás 930-; lograr que o 60% das novas habitacións sexan individuais; “e, en definitiva, comezar a mellorar de forma substancial a atención, obxectivo que completaremos nunha segunda fase que actuará sobre as áreas de consultas e servizos centrais”, aseguraba.

O presidente da Xunta estivo acompañado pola conselleira de Sanidade e pola xerente de Xestión Intergrada ourensá, entre outras autoridades.
O presidente da Xunta estivo acompañado pola conselleira de Sanidade e pola xerente de Xestión Intergrada ourensá, entre outras autoridades.

Asemade destacaba que con esta ampliación dotarase a este hospital dun 15% máis de camas e o converterán en “centro de demostración do hospital do futuro”.

Neste percorrido polas obras estivo acompañado pola conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, así como pola xerente da Xestión Integral de Ourense, Verín e O Barco, Eloína Núñez, e o presidente da Deputación, Manuel Baltar, entre outras autoridades.

Artigos relacionados

Back to top button