PolíticaÚltima hora

Feijóo volverá concurrir á presidencia do PPdeG

Da Comisión Organizadora do Congreso, que se celebrará en xullo, forman parte as alcaldesas de Larouco e de Boborás

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo.

 

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, confirma que se presentará á reelección e volverá pedir a confianza da militancia deste partido. Tras a xunta directiva do partido celebrada en Santiago, afirmou que a súa formación prepara un Congreso “reformista e renovador para seguir sendo o partido que máis se parece aos galegos, precisando que as integrantes da Comisión Organizadora do Congreso (COC) teñen a misión de orientar toda a organización deste Conclave a un único obxectivo: reforzar os vínculos do partido con Galicia”.

Ademais, a Xunta Directiva terá que avaliar a proposta da dirección do partido no referido á Comisión Organizadora do Congreso (COC), e que opta neste caso por nomear presidenta da mesma a Pepa Pardo, concelleira na cidade de Pontevedra, avogada e de 43 anos de idade.

Para o cargo de vicepresidenta proporase a Sandra Vázquez, deputada autonómica por Lugo, orixinaria de Vilalba e de 35 anos de idade; mentres para o de secretaria a Rosa Gallego (56 anos), concelleira e voceira do PP na Coruña.

O resto do listado está composto pola concelleira do PP en Lalín, Begoña Blanco (psicóloga, 35 anos); pola concelleira do PP en Camariñas, Paula Mouzo (34 anos); pola coordinadora de NNXX, Eugenia Vizcaíno (avogada, 31 anos); pola alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela (40 anos); e pola rexedora de Boborás, Patricia Torres (37 anos).

A alcaldesa de Larouco formará parte da Comisión Organizadora do Congreso do PPdeG.

O Congreso autonómico do PP celebrarase o día 16 de xullo, cando os afiliados poderán aprobar os textos finais das ponencias, e o 17 de xullo, cando todos os inscritos poderán elixir ao presidente do PPdeG.

 

 

O presidente do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, vén de manifestar os seus parabéns ao presidente autonómico popular, Alberto Núñez Feijóo, tras anunciar que concorrerá á reelección como presidente do PPdeG no congreso galego previsto para os días 16 e 17 de xullo en Pontevedra. Unha reunión que Manuel Baltar cualificou como “eminentemente positiva e onde se falou de solidez, que é o que a cidadanía precisa nestes momentos”.

Para Baltar agora comeza un novo proceso congresual cos seus prazos, requisitos e trámites “que rematarán nesa gran festa popular de xullo en Pontevedra, onde os compromisarios ourensáns van ter moi claro como se escribe e debuxa o futuro da nosa organización política, que xa é a máis importante da historia de Galicia, porque como dixo hoxe Feijóo este non é un partido de monólogos, senón que nos fixamos e dialogamos coa xente e iso nos converte na formación política que máis se parece a Galicia”.

Artigos relacionados

Back to top button