EconomíaEconomíaÚltima hora

Feira de Abril no Barco, os días 28 e 29

Oito establecementos barquenses ofrecerán bebidas e pinchos típicos desta celebración
Os establecementos barquenses de hostalaría celebrarán de novo a Feira de Abril a finais de mes./ Foto: Carlos G. Hervella.

Bebidas e pinchos tipicamente andaluces (“pescaíto”, camaróns, gazpacho…) a prezos populares,  e unha ambientación que recreará a Feira de Abril. Oito establecementos de hostalaría barquenses celebrarán, un ano máis, e de forma conxunta esta singular festividade do sur na fin de semana do 28 e 29 de abril. Trátase da Tapería Al Natural, 13/14, A Cova, Divino Paseo,  Vinum, Piquiño Restaurante, Café Principal e Fernando III.

Así o anunciaba en rolda de prensa a presidente do Barco Centro Comercial Aberto (CCA), Sandra Moldes. Os locais participantes pertencen tanto a esta entidade como a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA).

 

Artigos relacionados

Back to top button