EconomíaEconomíaÚltima hora

A hostalaría barquense súmase á Feira de Abril

Media ducia de establecementos celebrarán esta cita con diferentes propostas os días 29 e 30 de abril
Pinchos servidos na pasada edición da Feira de Abril no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.
Pinchos servidos na pasada edición da Feira de Abril no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

Pinchos elaborados con produtos típicos andaluces (“pescaíto”, gambas, calamares, boqueróns…) a prezos populares, bebidas características como o “rebujito” e unha ambientación que recreará a Feira de Abril. Media ducia de locais barquenses celebrarán, un ano máis, e de forma conxunta esta singular festividade do sur na fin de semana do 29 e 30 de abril. Trátase do 13/14, A Cova, Al Natural Tapería, Divino Paseo, Piquiño Restaurante e Vinum.

Ademais estes establecementos (situados no Paseo do Malecón e na rúa Doutor Pérez Lista) estarán decorados con motivos alusivos a esta feira. No caso dos restaurantes (Al Natural Tapería e Piquiño Restaurante) serviranse tapas e racións con ingredientes como gambas, calamares, boqueróns, “pescaíto”…

Artigos relacionados

Back to top button