OurenseÚltima hora

Feira de Artesanía de Ourense, ata o 3 de maio na Alameda

A XX edición da mostra contará con 24 expositores de varios obradoiros
Sol Vázquez (no centro da imaxe), na inauguración da Feira de Artesanía de Ourense.
Sol Vázquez (no centro da imaxe), na inauguración da Feira de Artesanía de Ourense.

Un total de 24 expositores nacionais, dos cales 11 contan coa marca Artesanía de Galicia, participan ata o 3 de maio na Feira de Artesanía de Ourense, un encontro organizado pola Asociación de Artesáns de Ourense que conta co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Os visitantes desta XX edición da feira poderán atopar produtos elaborados a man en materiais como coiro, madeira, cerámica, téxtil ou vidro, ademais de pezas de xoiería e bixutería. Do mesmo xeito, no recinto levaranse a cabo obradoiros de oficios como a cestería, a elaboración artesanal de papel, a encadernación, a olaría, a talla de madeira e incluso a elaboración de instrumentos musicais.

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal asistía, xunto á xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro, á inauguración da mostra que se celebra na Alameda de Ourense en horario de 11 a 14 e de 17 a 21 horas.

Artigos relacionados

Back to top button