EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Feira de artesanía e produtos locais, música e actividades ao aire libre para inaugurar o verán na Estación de Montaña Manzaneda

 

Oficialmente entraba o luns 21 de xuño pero non era este sábado día 26, cando se inauguraba o verán na Estación de Montaña de Manzaneda, nunha fantástica mañá para desfrutar en familia na serra.

Gastronomía, cultura, música, entretemento e promoción dos produtos da terra e artesanía locais, son os ingredientes do programa “Ola verán”. Un eventro cuxa programación comezaba en torno ás 10 da mañá coa apertura de todas as instalacións, desde o bike park ao parque multiaventuras ou a tirolina xigante. Dende esa hora, sobre todo os máis pequenos desfrutaban no parque de aventuras e na tirolina, amais dos inchábeis instalados para a ocasión; tamén o facían os afeccionados á BTT percorrendo o bike park e lanzándose polas pistas.

 

Afeccionados á BTT baixando polo bike park.

 

Demostrando que Manzaneda é un bo plan familiar, tamén se programaron actividades de orientación, entre outras, pero a novidade de Manzaneda para esta benvida ao verán foi a oferta gastronómica, de produtos locais e de artesanía, nun exemplo de sinerxia entre a economía local e a Estación de Montaña que os novos xestores queren que sexa un dos seus acenos de identidade nesta nova etapa.

 

Os alcaldes de O Bolo e Manzaneda e o tentente alcalde do Concello de Trives, co director da empresa concesionaria da estación.

 

Así, nesta xornada de sábado déronse cita nun dos cumes de Galicia algúns dos produtos máis típicos da gastronomía, así como os seus produtores: Asociación Tarabelada, Mel Sabor da Serra, Shiitake Trives, Adega Ladeira da Mata, Amarelante e Panadería Ocampo, entre outros. Instaláronse ademais postos de artesanía de macramé, feltro e madeira, tellas pintadas, xoiería artesá, mel, cogomelos, castañas, viños, licores e Bica de Trives, así como postos de carne e polbo á feira.

 

Os Bertolini tocando na Estación de Montaña Manzaneda.

 

Ao longo do todo o día sucederanse ademais as actuacións musicais, con grupos para todos os gustos, todos tamén da zona, para acabar coa habitual sesión de peche de xornada na Tasquiña, onde picarán varios dj. Así, está previsto que actúen o grupo de gaitas Bertolini, Trío Clásico de Trives, Coraliña Cantora de Trives, Grupo R& B, Kaleikia e a sesión dj con Saya DJ, Senrabass, Juan DJ.

Entre os asistentes á esta festa do verán na serra, había sobre todo nenos e xente nova, amais de veciños da comarca e xente chegada doutros puntos como Valdeorras.

 

 

 

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button