ConcellosÚltima hora

Feira de Artesanía e Produtos Locais, o 26 de xuño na Estación de Montaña Manzaneda

Durante todo a xornada do sábado haberá tamén actividades na natureza, deporte e moita música

Bica de Trives. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

O  vindeiro sábado 26 de xuño, a Estación de Montaña Manzaneda dará a benvida ao verán cunha completa e animada xornada na que non faltarán actividades na natureza para toda a familia, deportes, moita música e unha Feira de Artesanía e Produtos Locais.

De 10 a 18 horas estarán abertos o Bike Park e o Aventura Park, cunha actividade de orientación para toda a familia (gratuíta) de 11 a 16 horas, especialmente pensada para os aventureiros que coa axuda dun mapa poderá descubrir o entorno da estación.

Ás 12 horas haberá unha Clase de Zumba (gratuíta) a cargo de Gimnasio Trivesport; e de 12 a 21 horas estarán abertos a piscina e o circuíto termal para quen queira relaxarse.

 

 

Con todo, o prato forte será a Feira de Artesanía e Produtos Locais organizada pola Asociación Tarabelada, que contará entre outros coa presenza de Mel Sabor da Serra, Shiitake Trives, Adega Ladeira da Mata, Amarelante e Panadería Ocampo. “Vén degustar e mercar produtos da zona feitos artesanalmente. Estarán connosco diferentes postos de artesanía de macramé, fieltro e madeira, tellas pintadas, joieira artesana, mel, setas, castañas, viños, licores e Bica de Trives”, explican dende a estación.

A música tampouco faltará nesta xornada de festa ao aire libre. Pola mañá actuarán o grupo de gaitas Os Bertolini, Trío Clásico de Trives e Coraliña Cantora de Trives; e pola arde, o grupo R&B, Kaleikia e unha sesión disco con Saya DJ, Senrabass, Juan DJ.

Para xantar haberá polbo con Dori Pulpeira de Trives e churrasco de Hotel Restaurante As Maceiras. E tamén unha concentración de coches clásicos co Club Clásicos de Castro Caldelas; un stand de MTB de Ciclos Quintena; e do Club Montaña de Trives.

 

Artigos relacionados

Back to top button