En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A Feira de Raigada, unha das dúas que perviven no concello de Manzaneda

O día 8 de cada mes os veciños de Raigada (Manzaneda) celebran a súa feira. A parte desta, tan só se mantén outra feira no concello de Manzaneda, que é a da vila, o día 22 de cada mes. No caso de Raigada a feira celébrase na Aira da Parada, que é onde se coloca a pulpeira que vén de Trives.

Este é un punto de reunión para os veciños que van comer o pulpo alí no Bar da Edita ou senón lévano para casa. A feira reúne tamén a xente de pobos veciños como Palleirós, entre outros. O pasado domingo, día 8 de outubro, a feira coincidía cun día espléndido que aproveitaron os veciños.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button