OurenseÚltima hora

A feira gastronómica Xantar promociónase en Ponte de Lima (Portugal)

O evento de Expourense comeza a conta atrás para a súa vindeira edición, do 1 ao 5 de febreiro
O director xeral de Expourense, entre outros participantes na presentación de Xantar en Potne de LIma.
O director xeral de Expourense, entre outros participantes na presentación de Xantar en Potne de LIma.

A localidade portuguesa de Ponte de Lima serviu de marco promocional para a próxima edición de Xantar. O Salón Internacional de Turismo Gastronómico que organiza todos os anos Expourense celebrará unha nova feira entre os días 1 e 5 de febreiro de 2017 e xa comeza a conta atrás para preparalo todo. O anuncio tivo lugar no contexto da presentación da campaña turística de Ponte de Lima, que busca desetacionalizar o turismo e atraer visitantes entre os meses de novembro e marzo. En representación de Expourense, acudiu o director xeral, Alejandro Rubín, que tamén é presidente da Asociación Galega de Feiras e Eventos.

Artigos relacionados

Back to top button