EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A Feira do Viño de Amandi salta ás redes sociais

Publicidade
O Concello de Sober organiza un concurso de fotografía a través de Twitter
Cartel anunciador do concurso.

Co obxectivo de “dar visibilidade ao viño de Amandi e á XXXVll Feira do Viño de Amandi nas redes sociais” o Concello de Sober vén de organizar o concurso de fotografía “Enche Sober de Amandi” a través de Twitter, que se porá en marcha os dÍas 8 e 9 de abril e consistirá en recoller unha imaxe do municipio que teña que ver co viño Amandi e subila á rede.

No concurso pode participar calquera persoa maior de idade seguindo un procedemento. Para poder publicar a instantánea, os participantes deben ser seguidores do Twitter do Concello de Sober, https://twitter.com/ConcellodeSober. Ademais no tweet debe mencionarse a @concellodesober publicando a imaxe co hashtag #enchesoberdeamandi e engadindo a ubicación no tweet.

Unha vez finalizado o concurso, un xurado formado por profesionais da imaxe será o encargado de elixir ao vencedor e a dous accésit. Os premios consistirán en tres lotes de viño de Amandi. O nome dos gañadores, que recollerán o premio no Concello da man do propio alcalde, darase a coñecer nas redes sociais nun prazo de 3 días despois de finalizar o concurso.

Artigos relacionados

Back to top button