En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A Feira do Viño de Valdeorras abarrota a praza de Viloira

Miles de persoas degustaban godellos e mencías desta denominación na tarde e noite do 15 de xullo

Era un reclamo para multitude de persoas na tarde e noite do 15 de xullo. O recinto da XX Feira do Viño de Valdeorras, instalado na praza de Viloira (O Barco), enchíase de público a medida que se ía poñendo o sol e comezaban a suavizarse as temperaturas.

Había longas colas para mercar os cataviños e os tickets que despois permitirían degustar os brancos e tintos nas casetas das 17 adegas participantes nesta edición mentres soaba a música de Airiños de Caldelas e, xa rozando a medianoite, a de Son do Sil.

Fotos: A.R./ Carlos G. Hervella

Máis información e fotos:
https://osil.info/os-vinos-valdeorreses-protagonistas-showcooking-de-flavio-morganti/
https://osil.info/sil-enche-de-musica-noite-da-feira-vino-de-valdeorras/

Artigos relacionados

Back to top button