É sempre a vendima máis temperá en Valdeorras e este ano aínda se adiantaba máis do habitual. Na mañá deste venres 5 de agosto, doce días antes que no 2021, Manichy Trincado (axudado polo seu amigo “Chimpún”) recollía a súa colleita de albillo das parras que ten na zona de Pedrazais, na Rúa Vella. Unha colleita considerablemente inferior a do ano pasado, apenas tres cestos e medio, fronte aos sete cestos do ano pasado.
“As uvas xa estaban doces e se non as collemos non queda nada”, di Manichy explicando que se atoparon con moitoss dos racimos sumidos por culpa dos insectos. “Din que foron as avespas pero o certo é que estaban as uvas chuchadas”, puntualiza, adiantando que seguramente na última semana de agosto comezará xa a campaña oficial de vendima na comarca da D.O. Valdeorras, que se prevé escasa.
Fotos cedidas.