CulturaCulturaÚltima hora

Felipe Castro impartirá en Sober a charla “O monte tamén é cultura”

A intervención deste axente medioambiental terá lugar lugar o 16 de novembro ás 19:30 h na Casa da Cultura desta localidade lucense
Felipe Castro./Foto: Carlos G. Hervella.

Entre as actividades que se celebrarán con motivo do Día do Patrimonio Mundial (16 de novembro) inclúese unha charla que organizará a Asociación O Colado do Cento. Será impartida polo axente medioambiental Felipe Castro, “O monte tamén é cultura”, o venres, 16 de novembro, ás 19:30 h na Casa da Cultura da localidade. No decurso desta conferencia-coloquio abordarase o patrimonio cultural do monte como oportundidade de dinamización e desenvolvemento económico.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button