DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Felipe Castro imponse nos 21km do III Night Trail Quiroga

Vencía na proba de 21 km, mentres que José Enrique Rodríguez era o primeiro en rematar o percorrido de 10 km

Máis de 200 persoas, entre corredores e camiñantes, participaban no III Night Trail de Quiroga. A saída desta competición nocturna dábase en torno ás dez e media da noite do 7 de xullo dende a praza España desta localidade lucense. Esta cita deportiva, organizada polo Concello de Quiroga, contaba con dúas distancias: un trail de 21 km e outro de 10 km. Ademais esta segunda opción podía facerse camiñando cunha proba de andaina.

O mellor resultado da competición conseguíao Felipe Castro Fraga (Club Montepenarubia Lugo), que completaba o circuíto dos 21 km nun tempo de 01:55:56. A segunda posición correspondíalle a Óscar Rodríguez Rodríguez e a terceira a José Álvaro Rodríguez Rodríguez. Na categoría feminina, a vencedora era Vanessa Berdejo Morales de Cazafantasmas Team (02:14:45), mentres que o segundo posto lográbao Raquel Doiro González (ULT) e o terceiro Rosa María Diéguez Rivera.

A clasificación no trail de 10 km estaba liderada por José Enrique Rodríguez Casal (Cazafantasmas Team) que concluía o traxecto nun tempo de 00:41:04, seguido de José Antonio Orozco Vázquez e de Adrián Ledo Vázquez. O mellor resultado feminino nesta distancia viña da man de María Novo Lago (Norsportlimit) cunha marca de 00:52:16, en segunda posición situábase Mélanie Mariño Martinho e na terceira Liliana Pardo Belón.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button