ConcellosÚltima hora

Felipe Lubián falará en Verín sobre “ser zamorano e falar galego”

Será nunha conferencia prevista para as sete media da tarde do 20 de novembro
Imaxe de Felipe Lubián que aparece no cartaz da conferencia na Biblioteca de Verín.
Imaxe de Felipe Lubián que aparece no cartaz da conferencia na Biblioteca de Verín.

O ciclo de conferencias que vén desenvolvendo en novembro a Biblioteca Pública Municipal de Verín completarase o 20 de novembro da man de Felipe Lubián, mestre de profesión e actualmente alcalde do concello zamorano de Lubián. A súa charla está prevista para ás sete e media da tarde e levará por título “Ser zamorano e falar galego”.

Felipe Lubián foi e continúa sendo un defensor da lingua galega nos territorios da Galicia histórica. É membro correspondente da Real Academia Galega dende o 2004, escritor, “gran defensor do rural zamorano, ten participado como conferenciante desde hai máis de trinta anos en xornadas e congresos sobre a lingua galega organizados pola Mesa pola Normalización Lingüística, o Consello da Cultura Galega, as Universidades de Vigo e Santiago e outros entes culturais”, tal e como se destaca dende a Biblioteca Municipal de Verín.

O conferenciante estará acompañado polo o etnógrafo José Rodríguez Cruz, natural da Gudiña.

Artigos relacionados

Back to top button