BoxeoDeportesÚltima hora

Felipe Morales e Jonathan Álvarez, os loitadores valdeorreses no ‘MFC Showdown 018’, no Barco

O premio 'Barca de Ouro' ideado pola organización para distinguir a deportistas e adestradores barquenses pola súa traxectoria, será este ano para o piragüista Jesús Rodríguez León

Felipe Morales nun combate.

 

A competición de contacto volve ao Barco de Valdeorras, desta volta con dúas veladas nunha mesma gala. Da man do Mamba Figth Club dirixido por Diego Vázquez e do Club Kickboxing Valdeorras con Juan J. Pardo Bravo, o sábado 9 de abril celebrarase no Pavillón Municipal (preto da praza do Concello), unha nova edición do “MFC Showdown 018” Concello do Barco que contará con dous representantes valdeorreses: Felipe Morales e Jonathan Álvarez.

O evento comezará ás 20 horas coa entrega dos premios ‘Barca de Ouro’, un galardón ideado pola organización para “distinguir a deportistas e adestradores barquenses pola súa traxectoria”, explica o responsable do Club Kickboxing Valdeorras, Juan J. Pardo, adiantando que o premiado deste ano será o piragüista Jesús Rodríguez León que conta cunha dilatada carreira e vida deportiva.

 

O outro loitador valdeorrés, Jonathan Álvarez, lanzando un dereitazo.

 

De seguido será o momento da competición, dividida en dúas partes. A primeira será de combates de boxeo amateur e neo-profesional con equipos de Ourense (Turbo Box), O Bierzo (MFC Ponferrada) e O Barco cos  valdeorreses Felipe Morais (-68 kg) e Jonathan Álvarez (-63 kg) do Club Kickboxing Valdeorras. O prato forte desta parte será o combate neo-profesional – 65 kg entre Manu Míguez (Turbo Box Ourense) cun gran currículo nos deportes de contacto e actual campión galego de boxeo; e Tito Macías, campión de Europa profesional en K1 que volve calzar as luvas para pelexar nesta disciplina.

 

Os organizadores da velada, Diego Vázquez de Ponferrada e Juan J. Pardo de Valdeorras.

 

A segunda parte da gala será para os combates amateur de Kick Boxing e K1, rematando con dous grandes combates profesionais. Por unha banda e por primeira vez no Barco, loita de Muay Thai -58 kg: Súper Fight Internacional con Álex Ferreiro (MFC Ponferrada) contra Joel Colaco (Dinamite Team Portugal). E para finalizar a noite, o combate de K1 profesional -62 kg, co mellor do panorama español e portugués: Súper Fight Internacional con Luismi Salar (Evolution Boxing Clip-España) contra Leandro Miranda (Elite 36-Portugal).

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button