CulturaCulturaÚltima hora

Félix Castro recibirá mañá o Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais en Allariz

 

O salón de plenos da Casa do Concello acollerá mañá, 21 de novembro ás 12h, o acto entrega do “XXIV Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais”. Félix Castro Vicente será o galardoado nesta edición de 2020, coa obra “Do doutor Alveiros á porta de palla. O ocultismo na obra e vida de Vicente Risco”.

Debido á situación xerada polo Covid-19, neste evento non haberá público. Asistirán representantes do Concello de Allariz (a alcaldesa Cristina Cid e o concelleiro de Cultura, Alberto Conde), representantes do Concello de Castro Caldelas, así como da Fundación Vicente Risco.

Artigos relacionados

Back to top button