Este acto está previsto para o mércores 21 de novembro ás 20h. no Liceo de Ourense
A evolución das caixas de aforro galegas no século XX analízase no libro “Caixa Ourense (1933-1999). Sete décadas de aforro popular provincial” (Alternativas Económicas SCCL), do historiador barquense Félix García Yáñez. Esta obra, con limiar de Andreu Missé (director de la revista Alternativas Económicas), presentarase o vindeiro mércores 21 de novembro ás 20 horas no Liceo de Ourense (Salón Nobre).
Na presentación o autor do libro estará acompañado polo tamén barquense Manuel Gómez Segura, ex empregado de banca. A Agrupación de Libreiros de Ourense colabora con este acto.