SanidadeÚltima hora

Félix Rubial, novo xerente da Xerencia de Xestión Integrada ourensá

Félix Rubial./ Foto: Sergas.

O Sergas vén de nomear a Félix Rubial Bernárdez como novo responsable da Xerencia de Xestión Integrada (EOXI) de Ourense, O Barco e Verín. É licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela e especializouse en Medicina Preventiva e Saúde Pública.

Nesta nova etapa, na que releva na xerencia ourensá a Julio García Comesaña, Rubial abordará “o desenvolvemento do plan funcional e de espazos do CHUO, así como as distintas actuacións de mellora e reforma proxectadas tanto no ámbito hospitalario, en Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, como nos centros de saúde da área ourensana”, segundo o Sergas.

Rubial foi director médico do Hospital de Burela do ano 2000 ao 2003; director médico do Hospital de Lugo en dúas etapas do 2003 ao 2005 e do 2009 ao 2012; subdirector médico do C.H. Universitario da Coruña entre 2005 e 2006; director operativo do C.H. Universitario de Santiago entre o 2006 e 2009; e director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas entre 2012 e 2015, data na que se puxo a fronte da xerencia de Vigo.

Con este nomeamento, o Sergas “aposta por adaptar a dirección das dúas Eoxis aos obxectivos de completar a integración da Atención Primaria e a Atención Hospitalaria e a implantación efectiva do Plan galego de atención primaria”.

 

Artigos relacionados

Back to top button